Teixeiro, 25 de Febreiro de 2010
Querid@s seguidores:
Aproveitando que o día 21 foi o DÍA MUNDIAL DA LINGUA MATERNA, voume dirixir a vós na miña lengua materna que é o galego.
Este mes de febreiro ten dúas datas importantes para nós, os galegos, xa que o 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela, a nosa gran escritora Rosalía de Castro. Así mesmo o 28 de febreiro de 1981 a nosa literatura perdía a outro grande escritor galego, Alvaro Cunqueiro.
Este mes de febreiro está cheo de datas importantes para toda a humanidade:
O 4 de febreiro de 1789, George Washington era elegido primeiro presidente dos Estados Unidos de América.
O 9 de febreiro de 1863 creábase en Xenebra (Suiza) o Comité Internacional da Cruz Vermella.
O 11 de febreiro de 1990 sae, tras pasar 20 anos en prisión, Nelson Mandela.
O 12 de febreiro de 1809 nace Charles Darwin, creador dunha das teorías máis importantes da humanidade, a “Teoría da evolución das especies”.
O 14 de febreiro é o Día Mundial da Enerxía.
O 19 de febreiro de 1473 nace, en Polonia, Nicolás Copérnico.
Seguramente alguén dirá: “¿E qué pasa co día dos namorados?”
Suponse que o 14 de febreiro se celebra o día de San Valentín, pero… ¿alguén sabe quen era San Valentín e qué ten que ver cos namorados? Seguro que moita xento non ten nin idea e só celebra este día PORQUE É O QUE FAI TODO O MUNDO. Como hoxe estou inspirada contareivos que antigamente os matrimonios eran concertados e as mulleres e homes tiñan que casar con quen lles mandasen e non cas persoas que eles querían. Nesta época aparece un cura que casaba ás agachadas a esas parellas que tiñan prohibido casarse porque eran de diferentes clases sociais, de familias con distintos ideais políticos, de familias enfrentadas ou calquera outra circunstancia que lles impedira facelo.
Na sociedade consumista na que vivimos búscase calquera pretexto para que gastémolos cartos e o 14 de febreiro foi a data elegida para que as parellas nos agasallemos con algunha chorrada.
O consello dunha muller que está separada por obriga da súa parella tódolos días, agás catro horas ó mes, é que tódolos días que pasedes coa vosa parella a tratedes como se fose o derradeiro porque, como di o dito:
“NUNCA SE SABE O QUE SE TEN ATA QUE SE PERDE”
viernes, 26 de febrero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

1 comentario:
¡Hola! Enhorabuena por todos esos datos que aportas. Siempre es bueno recordar fechas señaladas, sobre todo algunas como la de Nelson Mandela, abanderado del perdón y la redención de la culpa a través del abrazo y no del castigo. Gracias por recordarlo. Y por recordar San Valentín, no creamos que ocultándolo va a hacer menos daño, al contrario. Tenemos que visibilizarlo para reflexionar y llegar a las conclusiones que tú bien aportas.
Ánimo y un abrazo tipo Mandela.
Publicar un comentario